Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP condena a “hipocrisía” da alcaldesa de Vilalba sobre a suba da taxa pola recollida do lixo xa que “o PSOE é responsable: adxudicou o contrato que triplica o custe actual e Sánchez impuxo unilateralmente novos impostos”

Os populares aclaran que “os vilalbeses teremos que pagar unha taxa máis grazas ao Goberno de Sánchez e facer fronte a un incremento na taxa municipal grazas ao goberno bipartito presidido por Marta Rouco”

Vilalba, 6 de setembro de 2024. Os concelleiros do PP de Vilalba condenan a “hipocrisía” da alcaldesa do municipio, Marta Rouco: “agora está preocupada pola suba da taxa, pero en xuño deste mesmo ano deulle igual subir o custo do servizo de recollida do lixo e limpeza viaria de Vilalba”. Daquela os grupos do goberno (PSOE e Vilalba Aberta) co apoio do BNG aprobaban a adxudicación do contrato -que levaba máis de 4 anos caducado- que suporá pasar de gastar 600.000€ aos 1,5M€ no 2025 e ata os 2M€ no 2035. É dicir, “estiveron de acordo en triplicar o custo do servizo”.

Os concelleiros populares esixen á alcaldesa que “conte a verdade aos veciños” e que “non trate de escusarse coa taxa de Sogama” porque esa subida se debe ás decisións unilaterais do Goberno de Pedro Sánchez que implantou impostos estatais sobre vertido e incineración ou o de produción de enerxía. Incluso, no último ano e medio Sogama asumiu en solitario, e sen repercutilo aos Concellos, un sobrecusto de 39 €/Tm na xestión dos residuos polo impacto destes impostos.

Os populares aclaran que “os vilalbeses teremos que pagar unha taxa máis grazas ao Goberno de Pedro Sánchez e facer fronte a un incremento na taxa municipal grazas ao goberno bipartito presidido por Marta Rouco. As políticas socialistas, tanto en Madrid como en Vilalba, danan a economía do municipio e, en concreto, a economía de cada familia”, sentenciaron.

Exit mobile version