O rexedor dixo: “seguimos investindo, seguimos xestionando e así mellorando toda a rede viaria do noso concello, dentro dese Plan Avanza Rural, que ten unha dotación orzamentaria de 685.000 euros en total nestes momentos e estamos actuando a través de orzamentos propios, e na maior parte con orzamentos da Xunta de Galicia”.
Vega subliñou que “nestes momentos estamos actuando en Remourelle. Vamos arranxar varios puntos, Fornos-Pesegueiro, e tamén todo o entorno da escola. Non se descarta que teñamos que actuar de emerxencia nalgunha vía de comunicación fundamental e prioritaria, pero nestes momentos temos orzamentado máis de 82.000 euros para Remourelle. E estamos actuando tamén en Santalla de Vilaousende e en Ove. Os traballos van a bo ritmo e tamén recordar que estamos en proceso de licitación na estrada da Costa con 370.000 euros”.
O alcalde indicou que “se trata dunha suma total neste primeiro ano de goberno de 685.000 euros, con orzamentos da Deputación de Lugo, a través do Plan Único, e tamén da Xunta de Galicia, a través de Medio Rural. Creo que neste primeiro ano non podemos chegar, por desgraza, a todos os puntos, pero estamos programando inversión, estamos xestionando orzamentos da Xunta de Galicia e paulatinamente iremos investindo en todos os puntos”.
Dani Vega cre que “é importante destacar esta inversión e é verdade que non podemos ir a máis ritmo, non podemos actuar en todo concello por desgraza, pero si que é certo que en estradas que están nunhas mellores condicións, pero que teñen algún tipo de bache, vamos actuar con ese bacheo que anunciamos hai uns días. Pouquiño a pouco imos mellorando a nosa rede de comunicación, a nosa rede viaria”.