O encoro de Vilasouto acolleu este sábado sexta e última regata da competición
O Cidade de Lugo -organizador da regata-, segundo, e o Altruán de Ribadeo, terceiro, completaron o podio por equipos da proba, na participación de máis 200 palistas de diferentes categorías desde prebenxamín ata xuvenil dos seis clubs de augas tranquilas da provincia -Club Kayak de Foz, do CP Urban Hotel Viveiro, CP Altruán de Ribadeo, CP San Ciprián, Club Fluvial de Lugo e Cidade de Lugo-.
Club Fluvial de Lugo, campión da Copa Deputación de Lugo
Ademais do trofeo da regata, o Club Fluvial de Lugo ratifícase como campión da competicion provincial -na que se suman os puntos colleitados polos equipos nas seis regatas-, seguido de CP Altrúan e Cidade de Lugo.
A competición, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Federación Gallega de Piragüismo, ofrece aos clubs de augas tranquilas da provincia a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas, contribuíndo así á consolidación de equipos de base. Cada regata é organizada por un club, facilitando así que a actividade deportiva pero tamén económica e social que xeran as probas.
Precisamente a última regata da liga provincial celebrouse na xornada en que un dos seus participantes habituais, o palista xuvenil de Cidade de Lugo, Víctor Devesa, se proclamou campión do mundo de maratón en Metkovic (Croacia).
Apoio ao piraguismo
O impulso á Copa Deputación, en colaboración cos clubs e coa Federación, é un dos piares do apoio integral que a área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo presta a esta modalidade deportiva, que tamén reforza a través de iniciativas formativas desenvolvidas pola Federación nos clubs e en centros educativos e co mantemento da Escola Provincial de Piragüismo. Ademais, os clubs e deportistas desta modalidade benefícianse das axudas de concorrencia competitiva que se convocan anualmente.