Os actos comezarán ás 13:00 horas cunha misa na Igrexa Parroquial de San Pedro de Mor. A continuación celebrarase unha comida de fraternidade no Pavillón Municipal de Alfoz, así como diversos actos.
As persoas interesadas en participar no nomeado evento deberán inscribirse na Oficina de Servizos Sociais do Concello no seguinte prazo: dende o xoves, 19 de setembro de 2024, ata o venres, 4 de outubro de 2024.