Site icon Crónica3.com A Mariña

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto, xunto ao Alcalde da Fonsagrada e tamén Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou este domingo na entrega de premios da XXXI edición do concurso de gando cabalar, mular e asnal, que tivo lugar no Pavillón Deportivo Municipal

A Deputación colabora con esta cita cunha ánfora de Gundivós que foi entregada polo representante provincial na entrega de galardóns. Cajoto subliñou a importancia deste tradicional certame “polo peso que representa o sector gandeiro na economía rural da Fonsagrada. Numeroso público seguiu as diferentes probas que congregaron exemplares de gando asnal, mular, cabalos e eguas do país, así como ponis e cabalos de pura raza galega e asturcón.

Exit mobile version