Site icon Crónica3.com A Mariña

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, participou este sábado na inauguración da XIV Feira do Indiano que organiza a Liga Santaballesa na parroquia vilalbesa de Santaballa

A institución provincial achega 4.000€ á organización desta cita que, segundo apuntou o Deputado, “contribúe a axudar na conservación do legado daqueles que tiveron que deixar a súa terra na procura dunha vida mellor”. O programa deste sábado inclúe unha mesa redonda para falar sobre a simboloxía galega na inmigración e pezas de música caribeña da man do grupo Toxo Guayaba. Na Feira participou xunto ao Deputado o Presidente da Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, José Isidro Cillero Prieto; o segundo Tenente de Alcaldesa de Vilalba, Eduardo Vidal; e a Cónsul Xeral de Cuba en Santiago de Compostela, Annabel Lafargue Wilmoth.

Exit mobile version