O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou a foodtruck que este domingo recalou en Ribadeo e onde destacou a importancia desta modalidade pesqueira para manter a soberanía alimentaria, a través da sostibilidade.
O sector ecolóxico certificado de Galicia alcanza unha facturación de 113 millóns de euros e conta con presenza en 279 municipios galegos. Neste contexto, a acuicultura ecolóxica representa máis do 17% da facturación coas conservas de peixe e a acuicultura e recolleita de algas como produtos estrela.
Esta iniciativa súmase a outras accións impulsadas desde o departamento que dirixe Villares. É o caso da campaña GALICIA SABE AMAR que tamén ten como obxectivo a difusión do sabor e calidade dos produtos do mar galegos e as súas propiedades nutritivas e culinarias, así como os beneficios que hai detrás do seu consumo, contribuíndo de xeito directo a impulsar a economía vencellada á cadea mar-industria.