Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello lembra que este domingo, 29 de setembro, remata a promoción do festival Osa do Mar para persoas empadroadas en Burela

As veciñas e veciños do municipio poderán desfrutar ata entón dun desconto no abono do festival en 2025: https://www.osadomar.com/pages/entradas-2025. Este poderá ser adquirido por 30€ empregando o código “BURELA” ao mercalo. Ao rematar o prazo do desconto comprobarase o empadroamento das persoas que o empregasen. Trátase dunha iniciativa conxunta do Concello e da asociación organizadora do festival Fanto Fantini. O Osa do Mar 2025 terá lugar os días 5, 6 e 7 de setembro.

Exit mobile version