Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello fai unha valoración moi positiva da X Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, celebrada o pasado sábado.

Ribadeo, 16 de setembro de 2024. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, fai unha valoración moi positiva da X Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, celebrada o pasado sábado. E agradece o traballo do voluntariado e a colaboración das empresas.

Silvent declarou: “desde o Concello facemos unha valoración moi positiva da décima media maratón Ribadeo-As Catedrais, celebrada o pasado sábado”.

O edil de Deportes subliñou que “foron 661 os corredores e corredoras que participaron nesta importante cita deportiva, e 641 os que completaron todo o percorrido. A Media Maratón move a centos de persoas chegadas desde moitos puntos e rexións: Galicia, Asturias, Andalucía, Baleares, Canarias, Cantabria, Cataluña, País Vasco, Valencia, La Rioja, Navarra, Castela-A Mancha, Madrid ou Castela-León. Tamén tivemos participantes de Suiza, Noruega, México ou Italia”.

O concelleiro ribadense subliñou que “cada ano son máis os atletas que se animan a participar na media maratón Ribadeo-As Catedrais. Foron preto de 950 os inscritos e 661 os que tomaron a saída. Moitos veñen acompañados das súas familias ou de amigos e pasaron a fin de semana na nosa vila, co que iso supuxo para os hoteis, para os restaurantes ou mesmo para o comercio”.

Francisco José Silvent tamén tivo palabras de agradecemento para o voluntariado e para empresas colaboradoras: “queremos agradecer a labor de todo o voluntariado co que contamos para que a proba se puidese desenvolver nas mellores condicións e sen incidencias. Grazas a Protección Civil e á Policía Local. E grazas tamén a Acisa Ribadeo por colaborar un ano máis con nós ao igual que a El Progreso, Mercadona, Gadis, Eroski, Coca Cola, Powerade, Grupo Breogán, Kia Breogán Car, Lexus Galicia, Centro Porsche A Coruña e LifePro. E grazas tamén a Viva la Pepa polo deseño do cartel deste 2024”.

E engadiu: “grazas a todos os deportistas que acudiron a esta cita e noraboa ás gañadoras e gañadores. No Concello de Ribadeo xa estamos pensando na edición de 2025”.

Exit mobile version