Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Xove convoca a todos os gandeiros do municipio para unha charla informativa este venres, 20 de setembro ás 20 horas, no Salón de Actos do Centro Cívico

Trátase de facer un estudo para valorar a colocación dunhas antenas (eléctricas ou solares) que aporten cobertura con rede Lora WAN en todo o termo municipal e así poidan os gandeiros e gandeiras acceder a uns colares que faciliten o seguimento do seu gando vacún e cabalar a través dos seus aparellos móbiles. Na charla informativa estará presente o alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e Mario Rouco da empresa INNOGANDO.

Exit mobile version