Trátase de facer un estudo para valorar a colocación dunhas antenas (eléctricas ou solares) que aporten cobertura con rede Lora WAN en todo o termo municipal e así poidan os gandeiros e gandeiras acceder a uns colares que faciliten o seguimento do seu gando vacún e cabalar a través dos seus aparellos móbiles. Na charla informativa estará presente o alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e Mario Rouco da empresa INNOGANDO.