“A tramitación desta festa é moi complicada polos permisos que son necesarios”, asegura María Loureiro, alcaldesa de Viveiro
Viveiro, 2 de setembro de 2024. O Concello de Viveiro fai un balance moi satisfactorio da Romaría do Naseiro, agradecendo especialmente a implicación da comisión organizadora para a celebración da festa.
“A comisión, liderada por Lara Fernández Fernández-Noriega e Pelayo Fernández de la Calle, tivo una implicación moi grande, conseguindo en só mes e medio todos os permisos e autorizacións necesarios de Augas de Galicia e doutros organismos e administracións, así como a licencia do concello”, asegura a alcaldesa, María Loureiro, que agradece ademais “a vontade de colaboración da anterior comisión”.
“Sacrificaron moitas horas de súa vida persoal, xa que a tramitación dos permisos para esta romaría é complicada, pola súa ubicación e especificidade”, engade a alcaldesa.
“Contaron por suposto coa axuda e colaboración do concello”, afirma Loureiro, que espera que o próximo ano “contemos coa mesma comisión e coa colaboracións de máis veciños e veciñas na organización”.
O concello agradece ademais “o comportamento do maior parte das persoas asistentes”, apuntando tamén que “algúns cambios introducidos por Lara e Pelayo foron beneficiosos para a organización”.