“Aspanane, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e a Asociación Saúde Mental A Mariña son fundamentais no tecido asociativo de Viveiro”, asegura María Loureiro
Viveiro, 7 de setembro de 2024. O Concello de Viveiro asinou os convenios de colaboración coas entidades sociais locais, mantendo o seu compromiso coa Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro (Aspanane), a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e a Asociación Saúde Mental A Mariña.
Os convenios, de 30.000 euros para Aspanane e AFA, e 12.000 euros para a Asociación Saúde Mental, sirven coma axuda para as actividades destas entidades nos anos 2023 e 2024.
“A integración social das persoas con algún tipo de discapacidade, a saúde mental e a colaboración cos veciños e veciñas que teñen alzheimer e as súas familias son unha prioridade para o concello”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.
A colaboración do concello non se limita a estes convenios de colaboración. Atende tamén otro tipo de demandas, cedendo locais ou xestionando coa Deputación de Lugo obras e actuacións de mellora nas súas instalacións.
“Toda axuda é pouco, son entidades fundamentais no tecido asociativo local, cun esforzo e traballo diario moi importantes”, engade Loureiro.