A festa comezará pola mañá, coa entrada paulatina dos vehículos en Vilalba, maiormente camións. Ás 12:00 horas haberá misa e bendición de vehículos, e posteriormente unha comida de fraternidade no Campo da Feira, amenizada por Adrianos e o Dúo Venus. Pola tarde, inchables para os nenos, sorteo de agasallos e, como fin de festa, unha cea con verbena. Acudirán conductores galegos e doutras comunidades autónomas, como Asturias e Cantabria.