Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo anima á veciñanza a participar nas clases de baile de salón que promove a asociación Arama

O curso arrinca o 18 de setembro no CEIP Península da Paz, en San Cibrao e en Cervo, se se formase grupo

Cervo, 6 de setembro de 2024. O Concello de Cervo anima a toda a veciñanza a anotarse ás clases de baile de salón que promoven a organización Arama e a Escola de Baile Hover Cross; e que terán lugar no CEIP Península da Paz, en San Cibrao, e en Cervo se se formase grupo.

A actividade foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o presidente da asociación Arama (Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos de A Mariña), Manuel Casas, polo profesor internacional de baile de salón, Francisco Villarino e pola profesora Sara Morales.

As persoas interesadas poder inscribirse ou recibir información a través dos teléfonos 648.033.250, 620.817.300 ou 630.864.427.

O curso está previsto que arrinque o próximo 18 de setembro.

As sesións, unha á semana, serán impartidas por profesores titulados en vals, pasodobre, tango, foxtrot, merengue, cumbia, bachata, salsa e chachachá.

Exit mobile version