A alcadesa, Dolores García Caramés, quixo saudar á expedición e ao presidente do Club, Fernando Timiraos, na praia do Torno, e desexoulles moitos éxitos nos desafíos deportivos que teñen por diante. O club PortaMiñá é xa un clásico do verán cervense, porque levan máis dunha década escollendo o noso municipio para realizar estas xornadas de convivencia e deporte.