Volve ocorrer nestes días. Riotorto leva dúas semanas sen persoal médico no centro de saúde polas mañás, no horario de atención habitual neste servizo. Só se fan consultas os martes e os xoves pola tarde, durante catro horas.
“A Xunta do Partido Popular está sometendo aos centros de saúde a unha incerteza e a un desgaste que ten como único obxectivo expulsar á xente da atención primaria e da sanidade pública, e converter a saúde nun negocio”.
“Coa complicidade dun goberno municipal que se borra á hora de reclamar o dereito da veciñanza a unha atención continuada no seu centro de saúde, pero tamén á hora de informar sobre os horarios e a situación dun servizo fundamental para todas e todos..”.