Burela, 24 de setembro, 2024. Moitas persoas de todas as idades chegan tarde a moitos lugares debido á tardanza e ausencia a cotío de autobuses na comunidade.
É o caso do alumnado do IES Perdouro en Burela, “que grazas ao tranporte público a maioria dos alumnos chegan tarde as clases ou nin chegan, posto que o autobús sempre vai cheo e hai que esperar ao segundo, que para que veña temos que chamalo nós e esperar moito tempo”, apuntan.
“O que está facendo esta empresa é unha vergonza xa que por mor á tardanza dos autobuses, xente que ten que traballar chega tarde todos os dias, alumnos que teñen clase chegan con impuntualidade, podendo recibir faltas de asistencia, xa que o bus de Foz a Burela ten que chegar ás 8,30 a Burela e chega ás 8,30 á Estación de Foz, cando no horario normal suponse que sería ás 7,56 da mañá e o horario previsto para chegar a Burela ás 8,13”, engaden.
“Os erros desta empresa aféctanos a todos os que necesitamos ir algún lugar, como ver a un familiar no hospital ou facer algunha proba de saúde. Xa nos queixamos moitas veces destes erros pero non hai resposta e cando estás esperando ao bus na Estación e lle preguntas ao conductor si vai vir outro autobus, el díceche que o tes que chamar ti e que non é responsabilidade súa”.
“Estamos moi cansados de esperar todos os dias pola mañá un só bus que nos poidan levar á clase”.
“Chegamos ao punto de queixarnos ata ao concello de Foz ainda que non obtivemos ningunha resposta para resolver este problema”, rematan.