Os galardóns renden homenaxe a persoas, asociacións e empresas pola súa pola súa colaboración cos organizadores, pola súa promoción da cultura, pola súa traxectoria empresarial ou pola súa vinculación con Galicia. A empresa ribadense Gestión Gratelu foi unhas das premiadas esta xornada en Oviedo. O rexedor agradece “o convite da asociación Día de Galicia en Asturias por contar con Ribadeo e por este recoñecemento a unha empresa ribadense”. Vega destacou “a colaboración e boas relacións que manteñen Galicia e Asturias e aproveitamos a xornada para reunirnos co empresariado asturiano”.