Lourenzá, 23 de setembro de 2024. A XXXII Festa da Faba de Lourenzá inclúe actividades como degustacións e venda de fabas o sábado e o domingo, exposicións e demostracións de artesáns, showcookings, cata de viño, concentración de vehículos clásicos e varias actuacións musicais.
As actividades comezarán o venres 4 de outubro ás 20:30 horas cunha cata comentada de viño a cargo da adega Alán de Val (D.O. Valdeorras) no Claustro do Mosteiro. E ás 22.30 horas haberá verbena no Campo dos Bolos, amenizada pola orquestra Montreal e DJ Cosme.
O sábado 5 de outubro ás 11:00 horas terá lugar a apertura da XXXII Festa da Faba: ás casetas de fabeiros, na Praza do Conde Santo; o stand Institucional da Mancomunidade de Concellos da Mariña; demostracións e exposición de artesáns nas prazas e rúas da vila; feira exposición de automoción e vehículos agrícolas no Campo dos Bolos; e a décima edición da Vespafaba & Clásicos na rúa Fernández del Riego. Tamén desde as 11 horas haberá pasarrúas con Fanfarria Furruxa. Ás 12:00 horas serán o pregón a cargo de Amanda Gasalla Gasalla na Praza do Conde Santo, onde ás 12:30 horas terá lugar un showcooking a cargo do cociñeiro Judicael Romero, actividade na que colabora Bonito de Burela. Ás 13:30 horas empezará a sesión vermú coa orquestra Salsarena no Campo dos Bolos, onde tamén será a degustación popular da Faba de Lourenzá, acompañada dos viños da adega Alán de Val (D.O. Valdeorras). Ás 17:00 horas haberá un obradoiro infantil de cociña na Praza Linares Rivas. Ás 19:00 horas actuará a Banda de Música de Foz no Claustro do Mosteiro. E as actividades deste día rematarán coa verbena, que será no Campo dos Bolos, co orquestra Salsarena a partir das 22:30 horas.
O domingo 6 de outubro as actividades empezarán ás 08:30 horas coa apertura do mercado da faba ao por maior no Mercado Comarcal e ás 10:00 horas abrirán as casetas dos fabeiros na Praza do Conde Santo. Ás 11:00 comezará a segunda xornada da X Vespafaba & Clásicos na rúa Fernández del Riego e un pasarrúas a cargo da charanga Louband. Ás 11:30 horas terá lugar o segundo showcooking por parte do cociñeiro Judicael Romero na Praza Linares Rivas, coa colaboración de Bonito de Burela. Ás 12:30 horas haberá a actividade Fala Faba, con entrevistas na Praza Linares Rivas. Ás 13:00 horas a charanga Louband ofrecerá outro pasarrúas e ás 13:30 terá lugar o Faba Bingo na Praza Linares Rivas e empezará a sesión vermú a cargo do Grupo Lume no Campo dos Bolos, onde tamén será a degustación popular da Faba de Lourenzá con viños da Adega de Val (D.O. Valdeorras). Ás 18:30 horas celebrarase un festival folclórico no Claustro do Mosteiro coas actuación da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez e o grupo Os dos martes. E así será clausurada a XXXII Festa da Faba de Lourenzá.
Nos bares da vila servirán tapas elaboradas con fabas de Lourenzá durante o sábado e o domingo, días nos que tamén haberá un tren turístico para levar a veciños e visitantes a percorrer a Ruta das Fabas.