Mondoñedo, 23 de Setembro de 2024. Mondoñedo vai configurando o seu espazo, dentro das feiras e festas das San Lucas; tras varias reunións de traballo con todos os axentes implicados na organizaciación deste evento.
Miguel Paz, presidente da Asociacion Cultural as San lucas, apunta que “é preciso organizar os espazos, na Alameda estarán as orquestas, o pulpo e as atraccións, no campo da feira coma sempre a feira e a maquinaria, os postos nas rúas sinaladas, a doma nocturna na praza da catedral, as actividades cos cabalos no recinto da granxa, e o concerto na praza do seminario”.
Ademais este ano todos os postos deberán estar inscritos antes do 7 de outubro, con que se pretende poder ubicar mellor a todos e crear un espazo máis organizado e efectivo para eles e os visitantantes; os postos da rúa deberán cumplimentar un novo formulario que leva consigo unha declaración xurada; o resto de pstos e atraccións deberán cumplimentar o anexo como todos os anos e deberán ter a conseguinte autorización municipal.
Manuel Angel Otero, alcalde, sinala “queremos que todo o que veña as San Lucas, se sinta como na casa,tanto os feirantes como visitantes”. Agradece o traballo da Comisión, así como o de todas as administracións que fan que todo isto sexa posible .