O domingo é o día principal coa ofrenda presentada este ano polo alcalde do Concello de Ortigueira, á que seguirá a tradicional procesión coa imaxe da virxe acompañada pola Banda de Gaitas de Ladrido. A orquesta Pontevedra, así como a comparsa XX, serán as encargadas de animar musicalmente este día.
As festas rematarán o luns 16 de setembro, Luns dos Remedios e festivo local, coa misa da Cofradía ás 12,30 horas e posteriormente sesión vermú co grupo Tania Veiras.
Desde a organización destacan a aposta pola programación infantil, con espectáculos como Mari Faltri Picadiscos, xogos populares, festa da bicicleta ou o día do Neno con descontos nas atraccións. Quieron remarcar tamén o seu agradecemento aos veciños e negocios polas súas aportacións económicas, así como ás administracións colaboradoras, “moi necesarias para manter viva entre todos esta tradicional celebración mindoniense”.