Mondoñedo, 4 de setembro de 2024. A Comisión de Festas da Virxe dos Remedios e o cura párroco do Santuario, D. Pedro Díaz presentaron a programación das festas patronais que se desenvolverán o sábado 14, domingo 15 e luns 16 de setembro, festivo local. Durante esas xornadas o parque da alameda será o escenario da actuación do Dúo Zafiro e pola noite, a orquesta Magm, considerada unha das mellores de Portugal e que actuará por primeira vez nesta comarca. Esa mesma xornada está previsto o evento DJs no Camiño, co patrocinio de Radio Líder e da Xunta de Galicia, así como tamén a XII edición de Cantos de Taberna.
O domingo é o día principal coa ofrenda presentada este ano polo alcalde do Concello de Ortigueira, á que seguirá a tradicional procesión coa imaxe da virxe acompañada pola Banda de Gaitas de Ladrido. A orquesta Pontevedra, así como a comparsa XX, serán as encargadas de animar musicalmente este día.
As festas rematarán o luns 16 de setembro, Luns dos Remedios e festivo local, coa misa da Cofradía ás 12,30 horas e posteriormente sesión vermú co grupo Tania Veiras.
Desde a organización destacan a aposta pola programación infantil, con espectáculos como Mari Faltri Picadiscos, xogos populares, festa da bicicleta ou o día do Neno con descontos nas atraccións. Quieron remarcar tamén o seu agradecemento aos veciños e negocios polas súas aportacións económicas, así como ás administracións colaboradoras, “moi necesarias para manter viva entre todos esta tradicional celebración mindoniense”.