Barreiros, 25 de setembro de 2024. Barreiros acollerá este venres, 27 de setembro, a entrega dos primeiros premios Bítere de Honra Aurora Sampedro. Será ás cinco da tarde nas antigas escolas do Canteiro.
Manuel Rivero, autor do libro Universo Aurora e estudoso deste científica e divulgadora barreirense, explica que “os Bítere dánselle a unha persoa que destaque no mundo da ciencia, da cultura ou da comunicación. Neste caso, unha persoa que visibilize o que foi a muller no campo da ciencia. Por iso este ano vai a catedrática de matemáticas da Universidade do País Vasco Marta Macho-Stadler. Quizais sexa a figura mais significativa para visibilizar á muller, para relembrar á muller no mundo da ciencia, a través do se blog Mujeres con ciencia. Con frecuencia Marta cita á escritora Marion Carre por cada científica que olvidamos, hay centenares que no nacen. E o caso da Aurora Sampedro era un caso moi similar. Aurora, fai un ano e pico era totalmente esquecida e hoxe afortunadamente xa está tendo o seu lugar no mundo da ciencia”.
Rivero conta que “tamén se lle da un Bítere de Honra In Memoriam por ser unha persoa significativa na comunidade co que lembramos a María Antonia González Abraído, que foi unha muller adiantada ao seu tempo, foi funcionaria de Extensión Agraria, que desempeñou o seu labor pola Terra Chá, en Guitiriz e Begonte. E o Bítere Institucional, neste caso dámosllo ao IES Lucus Augusti, que foi o instituto onde Aurora cursou o seu bacharelato por libre”.
E engade: “ao finalizar este acto de entrega iremos ao cemiterio e poremos un ramo de rosas a Aurora Sampedro e a María Antonia González, porque dáse a casualidade que están as dúas enterradas no mesmo campo santo”.