Foi organizado polo Club de Tenis Ribadeo, que contou coa colaboración do Concello ribadense e da Xunta de Galicia. Na entrega de premios aos gañadores participaron o alcalde, Dani Vega, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, que indicou: “estamos moi contentos de que o Club de Tenis Ribadeo recuperase esta cita, que levaba uns cantos anos sen celebrarse”. E engadiu: “felicidades pola organización deste evento, para o que sempre contarán co apoio do noso Concello. Fomentar a práctica deportiva entre adultos e nen@s e os seus valores son os nosos obxectivos”.