Lugo, 27 de setembro de 2024. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, realizou esta mañá unha visita institucional ao Concello do Valadouro onde se reuniu co novo alcalde, José Manuel Lamela, para coñecer de primeira man as necesidades do municipio e trasladarlle a vontade de colaboración en futuros proxectos. Entreles, o máis inmediato é a organización da Feira do Mel, que se celebrará na localidade o vindeiro 12 de outubro co apoio do Goberno galego.
Javier Arias destacou que “a Xunta está sempre ao carón dos concellos, ben con actuacións directas ou mediante programas de axudas, pois entendemos que a cooperación entre as administracións autonómica e local resulta fundamental para impulsar o seu desenvolvemento económico e social”.