Site icon Crónica3.com A Mariña

Isabel Rodríguez remarca o compromiso do Goberno na loita contra a explotación sexual e o tráfico de mulleres e nenas

O Goberno leva destinados 82 millóns de euros desde o 2018 a combater a violencia contra as mulleres en Galicia

Lugo, 23 de setembro de 2024. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, presentou hoxe a campaña “A explotación é violencia” mediante a colocación dunha pancarta con motivo do Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Mulleres, Nenas e Nenos, acompañada pola xefa da Unidade de Violencia contra a Muller, Maria Luisa Castro. Ratificou con esta acción o compromiso do Goberno coa igualdade plena e efectiva, traballando pola eliminación de todas as formas de violencia, especialmente a da explotación sexual e a trata.

As vítimas de explotación sexual en Galicia ascenden a 26 segundo os datos do Ministerio do Interior do ano 2023, que recollen así mesmo un total de 95 inspeccións preventivas. No que atinxe ás detencións por delitos de explotación sexual, efectuáronse na comunidade galega 8.

Así, a subdelegada tildou este problema estrutural cunha dimensión internacional como “a esclavitude do século XXI, que utiliza ás persoas como mercancía, cun claro impacto sobre as mulleres máis vulnerables, unha violación incuestionable dos dereitos humanos”.

Neste senso, remarcou o traballo “deste Goberno, que leva destinados desde o 2018 máis de 82 millóns de euros a combater a violencia contra as mulleres en Galicia”.

Exit mobile version