Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito rotundo na cuarta edición da Heroican Race en Ribadeo

Ribadeo, 29 de setembro de 2024. A Heroican Race volveu a Ribadeo na súa cuarta edición, consolidándose como un dos eventos máis esperados no panorama de carreiras de obstáculos. Cun percorrido de 8,2 quilómetros e 25 desafiantes obstáculos, case 400 corredores enfrontáronse ao reto, nunha xornada marcada pola emoción, o esforzo e un ambiente espectacular.

O evento, que reuniu a máis de 1.000 asistentes, foi organizado pola Asociación Gallaecia Extrem Race xunto con BeOne, grupo empresarial líder na xestión deportiva. A competición contou co respaldo e patrocinio da Xunta de Galicia, Concello de Ribadeo, Matrix, Eciman, Aerobic&Fitness, Prace, I-Nerxia, Xene Arquitectos, Gym80, ACISA Ribadeo, Gadis, O Progreso, Estrela Galicia e Nutrisport, que fixeron posible unha xornada inesquecible.

Na categoría elite masculina, o gañador foi Adrián Ledo, mentres que na categoría elite feminina, Fuencisla Vaqueiro alzouse coa vitoria tras unha impresionante actuación. Na categoría popular competitiva, os gañadores foron Cristian Bermúdez e Jennifer Barroso nas súas respectivas divisións.

A entrega de premios estivo presidida polo Alcalde de Ribadeo, Daniel Vega; o CEO de BeOne, Roberto Ramos; e representantes dos patrocinadores, quen destacou a importancia deste evento na promoción do deporte e o turismo na comunidade.

A Heroican Race forma parte da liga Española AOCO (Asociación de Organizadores e Clubs de Obstáculos España), e non se celebraba desde 2018, cando tivo lugar en Figueirido, Pontevedra. O regreso a Ribadeo marca un fito importante, reafirmando o éxito das tres edicións anteriores na localidade e posicionando a carreira como un referente no circuíto nacional.

Exit mobile version