Neste momento, xa se seuperan as 150 palilleiras anotadas para este evento, que virán dende as catro provincias galegas e tamén da veciña Asturias. Hai anotadas varias mozas menores de 15 anos e un mozo; un dato que nos ofrece moi boas perspectivas sobre a renovación xeracional neste bonito oficio artesanal, e tamén pequenos indicios de superación do estereotipo de que a costura, os palillos e o bordado son oficios unicamente de mulleres.
Polo que respecta ás vendedoras e vendedores, xa superan os 20 postos e estase a piques de pechar a súa inscrición por falta de espazo.
Para inscribirse, as Asociacións de palilleiras deben chamar ó número do Concello de Xove: 982 592001 antes do vindeiro 30 de setembro.