Site icon Crónica3.com A Mariña

Este xoves estréase no Salón dos Alcaldes do Pazo de Ibáñez o documental “O Vello Pancho, de Ribadeo ao Plata”

Ribadeo, 18 de setembro, 2024. A cita será ás 20 horas. Durante o presente mes de setembro o filme documental “O Vello Pancho, de Ribadeo ao Plata” vaise presentar ademais noutros 7 concellos das comarcas da Mariña Oriental, Central e Chantada, grazas á colaboración da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

Estas estreas e presentacións con coloquio van estar conducidas por Xan Leira, director do filme, e Pablo Rodríguez “Vivín”, investigador, escritor e libreiro de Ribadeo, quen tamén colaborou coa investigación e prestou testemuño no documental.

As persoas que participaron deste filme, son investigadores e coñecedores da biografía e obra xornalística e literaria de José Alonso y Trelles “O Vello Pancho”: Pablo Rodríguez, Pilar Cagiao, Martín Fernández Vizoso, Manuel Suárez, José Mª Monterroso Devesa, Toni de Seares e Ana Lorenzo, estes últimos responsables do programa de radio Sempre en Galicia, de Montevideo e integrantes do Patronato da Cultura Galega, entidade comprometida coa recuperación e mantemento do legado do escritor homenaxeado.

Exit mobile version