Site icon Crónica3.com A Mariña

Esta fin de semana celébrase a quinta edición das Carreiras de Cabalos ‘Cidade de Viveiro’

Viveiro, 13 de setembro de 2024. O Concello de Viveiro acollerá esta fin de semana a quinta edición das Carreiras de Cabalos Cidade de Viveiro, no campo de fútbol de Celeiro.

O recinto abrirá ambas xornadas a partir das 9:00 do sábado 14 de setembro e do domingo 15 de setembro, contando con diversas actividades ao longo de todo o día.

O evento esta organizado pola Asociación Cabaleiros do Landro, a Federación Hípica Gallega e Rilo, ademáis de polo Concello de Viveiro. Haberá miles de euros en premios.

A alcaldesa de Viveiro destaca que “con esta 5ª edición, as Carreiras de Cabalos consolídanse como un evento deportivo clave en Viveiro, co que temos a gran honra de colaborar”.

Exit mobile version