Foi impartido por Rubén Villaverde Canal, campión de Europa cadete 95, subcampión de Europa junior 98, campión de España 4 veces por equipos, 10 veces campión de Asturias e 6 veces campión nacional do estilo gensei ryu.
O curso, que se desenvolveu entre as 11 e as 13 horas, foi organizado polo Club de Karate Shitokai Ribadeo, cuxo director técnico é Julián Martín. Colaboraron o Concello ribadense e a Federación Galega de Karate.
Silvent subliñou: “Ribadeo segue a acoller diferentes cursos e competicións nas súas instalacións deportivas as fins de semana e así agardamos continuar ao longo dos vindeiros meses”.