Foz, 30 de setembro, 2024. Est venres, 4 de outubro ás 20:30h, visitarán a libraría Ismael Ramos e Xaime Martínez quen obtiveron o premio nacional poesía joven Miguel Hernández.
Ambos son autores de poesía e as súas últimas obras son narrativa: A parte fácil, libro de relatos, de Ismael Ramos e La fuerza, novela, de Xaime Martínez.
Ismael Ramos escribe en galego e Xaime Martínez en asturianu e ambos teñen as súas obras traducidas ao castelán.
Será moi interesante escoitar e preguntar a estos dous autores, moi novos e con importantes recoñecementos xa no seu haber, que teñen un enorme compromiso coa literatura e coas súas linguas propias.
Este encontro forma parte do programa Afinidades Electivas promovido pola dirección xeral do libro e a lectura do goberno de España no que na Libraría Bahía ven participando desde o seu inicio, sendo este o quinto en celebrarse.