Deste xeito, a cidade mariñá honrou á súa patroa no santuario que leva o seu nome no día grande destes festexos, que inclúen distintas actividades ao longo desta fin de semana. A celebración relixiosa contou cunha ampla representación da Corporación municipal, encabezada polo alcalde Manuel Ángel Otero, e de autoridades das distintas institucións locais, autonómica e nacional. Estivo presidida polo bispo da Diócese Mondoñedo-Ferrol, Monseñor Fernando García.
Sabor a mar
A campaña GALICIA SABE AMAR tamén estivo presente grazas á unha foodtruck que levou o mellor sabor das rías galegas a Mondoñedo como parte do seu percorrido por todo o territorio galego. A ela se achegaron ambos conselleiros en apoio a esta iniciativa que ten como finalidade promocionar o peixe, marisco e conservas galegas así como divulgar os beneficios para saúde que detrás do consumo destes alimentos. Con esta acción o Goberno galego reforza a promoción dos produtos pesqueiros nun contexto de progresivo descenso da presencia destes alimentos na cesta da compra da cidadanía.