Desde a Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina queremos denunciar a agresión desmedida e inhumana que soporta o pobo palestino, non só desde o 7 de Outubro, senón desde hai 76 anos.
Por todo isto, facemos un chamamento urxente ao pobo galego para se mobilizar nunha grande manifestación nacional o vindeiro 6 de outubro en Compostela. Ese día, véspera do aniversario do xenocidio en Gaza, queremos que a Galiza levante a súa voz ante a inxustiza, que se manifeste en solidariedade co pobo palestino e que esixa accións concretas de quen nos goberna.
Nas concentracións celebradas o pasado luns 16 en Foz e Viveiro informouse da previsión de poñer autobús desde A Mariña para as persoas interesadas en asistir á manifestación. A reserva de praza, que terá un custo de 5€ por persoa, poderase facer ata o 27 de setembro nos teléfonos: 982581861 e 982140654.