Site icon Crónica3.com A Mariña

Concertos nos centros educativos de Xove

Xove, 20 de setembro, 2024. Este venres mestres da Escola Municipal de Música de Xove desprazáronse aos centros educativos do municipio, concretamente ao CEIP Pedro Caselles Rollán e ao IES Illa de Sarón, para dar uns pequenos concertos deleitando a todo o alumnado cunhas pezas musicais á vez que lles recordaban que o prazo de matrícula para o curso 2024-2025 está aberto ata o 30 de setembro.

A ficha de solicitude de matrícula na escola de música poderase recoller no Rexistro do Concello ou descargala na web www.xove.es e entregala cuberta no mesmo Rexistro ou ben mediante Sede Electrónica do Concello como instancia xeral e adxuntando impreso de solicitude cuberto.

Logo o 3 de outubro facerase público o listado de admitidos para o vindeiro curso.

Exit mobile version