Burela, 24 de setembro, 2024. Este acto encádrase dentro da programación de actividades organizadas polo Vencello para celebrar o centenario do edificio escolar promovido pola nosa emigración que é coñecido popularmente na nosa vila co nome de “Escolas Vellas”.
Participarán:
Antón Costa Rico, Catedrático de Historia da Educación.
Mario Pillado Mon, Concelleiro de Educación Concello de Burela.
Bríxida Pino Lestao, Presidenta da Asociación de Veciños “O Vencello”.
Será ás 20:00h. no Auditorio Casa da Cultura con entrada libre e de balde.
Lembrar tamén que a exposición conmemorativa deste centenario permanecerá aberta ata o vindeiro 18 de outubro na sala de exposicións da Casa da Cultura xunto coa mostra “Microespazo Mupega”.