A antesala, será xa o venres 20, coa ruta Venres de Petiscos nos locais A Sacabeira, o Almacén, O Caseto de Copa e A Taberna de Sargadelos
Cervo, 18 de setembro de 2024. A parroquia de Cervo celebrará a Festa na Honra da Virxe das Dolores a vindeira fin de semana.
A cita, organizada pola asociación Virxe das Dolores, coa colaboración do Concello, foi presentada pola tenente de alcaldesa, Mali Méndez, polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e polo membro da comisión de Festas, Francisco Casas.
A antesala dos festexos, será ese mesmo venres, coa ruta Venres de Petiscos nos lociais A Sacabeira, O Almacén, O Caseto de Copa e A Taberna de Sargadelos.
Xa o sábado 21 arrincará a festa propiamente dita cunha sesión vermú ás 14:00 horas a cargo de Louband Street Band, que repetirá pola noite na verbena a partidas das 22:30 horas, seguida de Disco Móbil Conxuro.
Xa o domingo 22 haberá pasarrúas a cargo de Fol do Raxal, e misa solemne ás 13:00 horas cantada polo Coro de Cervo seguida da procesión acompañada polo grupo Fol do Raxal; a continuación será a sesión vermú prolongada da man de Disco Móbil Conxuro.
O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a desfrutar activamente destas Festas, que despiden o verán para dar entrada á nova estación de outono “coa alegría e o espírito de convivencia que sempre caracteriza a estes festexos organizados pola asociación Virxe das Dolores”