Coa solución que propuxo o Partido Popular e os familiares dos residentes, probablemente, o Concello aforraría preto da metade dos 30.000 euros que está pagando ao mes por non ter feito ben as cousas
“Cajoto está sendo desafiante cos compañeiros da corporación aos que ameaza con responsabilidades persoais; desafiante cos familiares dos usuarios da residencia aos que non escoita, aos que expulsou do pleno e aos que nunca comprendeu; desafiante coa Xunta de Galicia, unha administración que nos cedeu a residencia totalmente equipada para todos os focenses; e desafiante coa actual empresa que nos peores momentos seguiu adiante e que está facendo un coidado dos nosos maiores, unha empresa á que o Concello lle debe 122.500 euros polo impago das mensualidades desde abril, segundo os documentos que puidemos sacar do expediente”, sinala o voceiro do PP de Foz.
A mala xestión do asunto da residencia por parte do alcalde estalle costando cartos a todos os focenses e coa solución que propuxo o Partido Popular e os familiares dos residentes, probablemente, o Concello aforraría preto da metade dos 30.000 euros que está pagando ao mes por non ter feito ben as cousas.
O BNG debe recapacitar sobre quen ten como socio de goberno
“E ao BNG, por un lado, eloxiámoslle o seu cambio de postura, valente e que os honra , pero, por outro lado, recomendámoslle que analice con que está asociado que os despreza de xeito reiterado”, finaliza Javier Castiñeira.