O Concello pon fin así ao abandono do barco de titularidade municipal, que ocupaba un posto de amarre no porto e era un foco de perigo en situacións de temporal
O pesqueiro Artal reconverteuse no xa afastado ano 2007 en barco de uso turístico tras a cesión dos propietarios ao Concello de Cariño. Con todo, apenas catro anos despois, a embarcación deixou de utilizarse por, como naquel momento argumentou o goberno local, o elevado custo que supoñía ás arcas municipais.
Desde entón, o barco amarrouse no mar como medida provisional. Unha medida provisional que se alongou durante 13 anos, ata que o actual executivo decidiu retiralo do peirao. O obxectivo non é só acabar cun foco de perigo para as persoas que se acheguen á zona portuaria en situacións de temporal, senón tamén liberar unha praza de amarre e atopar unha nova utilidade a este recurso municipal.
“Ahora se guardará en tierra y estudiaremos una rehabilitación que es más que posible como paso previo a definir un nuevo uso. No tenía sentido tener el barco ahí en medio del mar, con el consiguiente peligro que podía suponer para nuestros vecinos. Siempre dentro de costes razonables, definiremos un proyecto que le vuelva a dar utilidad a esta embarcación que simboliza parte de nuestro patrimonio marítimo y nuestra identidad”, apuntou a alcaldesa, Ana María López.