O PP lucense cre que “estes cambios e correccións non parecen moi serios”, pero lembran que “xa aconteceu no pleno provincial: en marzo votaron en contra de apoiar o proxecto e en xullo rectificaron dicindo que se cumpre coa legalidade contaría co seu apoio”
A presidenta, Elena Candia, subliña que “a semana pasada o señor Besteiro dicía que Altri non podía contar con fondos públicos porque incumpría parámetros”, pero “onte corrixe ao BNG e di que non se pode evitar que acceda a fondos europeos se cumpren cos requisitos”.
A este respecto, dende o PP lucense subliñan que “isto é o que defendemos sempre dende o Partido Popular: que hai que agardar aos informes dos técnicos e, no caso de que cumpra coa lexislación vixente, hai que apoialo. Posicionarse en contra sen ningún motivo máis que o ideolóxico sería prevaricar, como levamos tempo advertindo”.
“O cambio de postura demostra o escaso criterio e peso político do señor Besteiro e do PSdeG-PSOE”, segundo consideran os populares. De feito, sinalan que “esta corrección en menos dunha semana débese a que o propio presidente do Goberno e líder do seu partido, Pedro Sánchez, o contradixo na reunión mantida o venres co presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda”. De feito, “mantivo a mesma opinión que fai 2 anos con respecto ao proxecto para a biofábrica de Altri, a pesar de que aínda non garantiu os fondos Next Generation comprometidos”. De feito, “animou a presentar o proxecto ás distintas convocatorias de fondos europeos”.
CAMBIO DE OPINIÓN NO PSOE PROVINCIAL
“Estes cambios e correccións non parecen moi serios”, sinalan. E, segundo lembran, “non é a primeira vez que sucede. O PSOE -despois de defender o proxecto nas distintas campañas electorais e amosar o seu apoio no Parlamento de Galicia, igual que o BNG- posicionábase en contra de Altri no pleno provincial de marzo de 2024. Pero, catro meses despois, no pleno de xullo deste mesmo ano rectificaba para volver á senda da legalidade ao asegurar que apoiaría toda iniciativa que cumpra coa lexislación vixente”.