Burela, 2 de setembro de 2024. O Concello de Burela celebrou con éxito a primeira edición do seu Torneo Social de Parchís por Parellas na praza do Concello.
Paula Abel e Jennifer Fernández foron as gañadoras do torneo, seguidas de Bea Caña e Eva Balseiro. As concelleiras Lina Gómez e Sandra Fernández fixéronlles entrega dun trofeo realizado polos membros da asociación Saúde Mental A Mariña.
“Dende o Concello queremos felicitar a todas as parellas participantes, un total de 28 persoas, polo seu desempeño no torneo de parchís”, sinala a concelleira de Cultura, Lina Gómez.
“Moitas grazas a todos e a todas polo apoio amosado a este I Torneo Social de Parchís por Parellas, unha iniciativa da que agardamos que teña continuidade por moitos anos máis”, afirma Sandra Fernández, concelleira de Servizos Sociais.