Barreiros, 3 de setembro, 2024. No acto de hoxe celebrado no salón de plenos, a concelleira de Servizos Sociais Carmen Veiga fíxolle entrega de varios agasallos. Asistiron tamén, ademais da familia acolledora, a concelleira de Educación, Montse Porteiro, e o Alcalde accidental, Antonio Veiga Outeiro.
Grazas ao programa Vacacións en Paz desenvolvido pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) desde mediados dos anos 90, este ano 288 nenas e nenos viñeron a Galicia, procedentes dos campamentos de refuxiados de Tinduf (Alxeria). O concello de Barreiros, acolledor e solidario, vén colaborando con este colectivo desde hai varios anos para facilitar a estancia na localidade coas familias que se ofrecen a recibir a estas nenas e nenos que sofren unha situación tan inxusta como é esta á que está sometida o pobo saharauí desde hai máis de 40 anos.