Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro considera “un insulto á intelixencia da Mariña” que o Goberno Sánchez asegure nunha resposta oficial que o estado de conservación da estrada N-642 é óptimo

O Executivo central esquece que tardaron máis dun ano en corrixir o socavón da Areoura resultado do “agretamento e afundimento do seu firme” e evita responder se prevén intensificar as labores de conservación nesta vía e se prevía acometer actuacións urxentes nos tramos que presentan un maior deterioro do pavimento

Lugo, 26 de setembro de 2024. Os senadores -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- consideran, “un insulto á intelixencia dos veciños da Mariña” que o Goberno de España diga que “é correcto o estado de conservación da N-642 -a principal vía que vertebra os concellos da costa da Mariña- e asegure conformarse coas obras de rehabilitación que remataron no ano 2021 “e que só afectaron a dous tramos”.

Á vista desa resposta oficial por parte do Executivo ante as preguntas do PP no Senado para coñecer se prevían intensificar as labores de conservación e acometer actuacións urxentes nos tramos que presentan un maior deterioro do pavimento, os representantes lucenses consideran que “o Goberno de Sánchez non parece ser moi consciente da realidade da Mariña”.

Aos senadores preocúpalles ademais que “se o Goberno valora como correcto o estado de pavimento desta estrada está recoñecendo implicitamente que non ten previsto, unha vez máis, facer obras de reparación e conservación na mesma”.

Os populares inciden en que “o deterioro do seu firme é evidente para todos os que empregan esta vía habitualmente” e que “o Executivo central esquece que tardaron máis dun ano en corrixir o socavón á altura da praia da Areoura, entre os termos municipais de Foz e Burela, tralo agretamento e afundimento do seu firme”.

O PP ten reclamado un plan de conservación extraordinario para esta vía e todas as estradas nacionais da provincia. No caso da N-642 advirten que “o mal estado do pavimento é unha constante xeneralizada en gran parte do percorrido, pero presenta peor estado na variante de Foz e no tramo entre a rotonda de conexión A-8 ata o alto de Mañente debido á maior intensidade do tráfico”.

O senador mariñán, José Manuel Balseiro, engade que “o deterioro do firme xera riscos desde o punto de vista da seguridade viaria e do benestar dos usuarios frecuentes desta vía entre os que se atopan moitos traballadores, profesionais do transporte e vehículos pesados”. De feito, sinala que “o estado da N-642 lastra o potencial desenvolvemento económico da Mariña”.

Exit mobile version