Site icon Crónica3.com A Mariña

Ata o 20 de setembro pódense retirar as entradas para asistir ao I Encontro Día do Xubilado de Ribadeo

Ribadeo, 13 de setembro de 2024. Ata o 20 de setembro pódense retirar as entradas para asistir ao I Encontro Día do Xubilado que se celebrará o 28 na explanada da lonxa.

A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, lembrou hoxe que “este 28 de septiembre tendremos el primer encuentro del jubilado. Todavía estáis a tiempo para sacar vuestras entradas y disfrutar de un día entre amigos y vecinos”. O Concello amplía a retirada das entradas ata o vindeiro venres, día 20. Poden recollerse no auditorio municipal de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.

As persoas que asistan compartirán xuntas unha comida, que será servida por Chao dos Navais. O prezo por comensal é de 15 euros.

Haberá servizo de buses polas parroquias do interior e da costa para facilitar que todas as veciñas e veciños xubilados e empadroados en Ribadeo que desexen asistir a este encontro o fagan de forma cómoda e segura.

O I Encontro Día do Xubilado contará coa amenización musical de A Roda e Ángel América.

Exit mobile version