O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, visitou o teatro coincidindo co comezo da actuación
Ortigueira, 9 de setembro de 2024. A Consellería de Cultura deu comezo este pasado venres ás obras de mellora no Teatro de Beneficencia de Ortigueira, un dos recintos históricos máis emblemáticos do municipio. Estas actuacións, cun orzamento superior aos 48.000 euros, realizaranse co obxectivo de preservar o edificio e garantir a súa adecuada habitabilidade, tras anos de deterioración.
Entre as principais intervencións, procederase ao tratamento das paredes con materiais illantes para combater as humidades, respectando sempre a estética orixinal do teatro. Así mesmo, tanto as paredes como as carpinterías do recinto, incluídos os camerinos, serán pintadas. O chan de madeira será tamén obxecto dunha completa restauración, mediante lixado e tratamento específico para a súa conservación.
O proxecto de mellora, que se prolongará durante aproximadamente tres meses, busca asegurar a correcta preservación deste espazo, clave na vida cultural de Ortigueira. Desde a Concellería de Cultura sinalouse que se tentará compaxinar a execución das obras cos eventos xa programados. Con todo, algunhas actividades poderían verse afectadas, o que podería implicar cambios nos espazos ou axustes nos horarios previstos. Nun principio, espérase manter a programación estritamente necesaria por compromisos previos, como é o caso do Festival Espazos Sonoros.
O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira de Cultura, Ana Cartelle, visitaron o teatro o mesmo día do inicio das obras para supervisar os primeiros traballos e destacar a importancia desta actuación.
Nas súas declaracións, agradeceu o apoio recibido: “Agradecemos profundamente a la Xunta de Galicia por su compromiso con el Teatro de Beneficencia. Esta actuación no solo nos permitirá conservar este edificio histórico, sino que garantizará que continúe siendo un espacio de referencia para la cultura local y un punto de encuentro para los vecinos y vecinas. Tras años de deterioro, estas obras son fundamentales para preservar su valor patrimonial y asegurar su uso por muchas generaciones más”, señaló el alcalde durante su visita.
“Estas obras representan un paso importante en el compromiso de la Consellería de Cultura por la conservación del patrimonio histórico de Ortigueira, permitiendo que el Teatro de Beneficencia continúe siendo un lugar de referencia para la cultura local”, subliñou Calvín.