O alcalde, Dani Vega, contou que “hoxe reuniuse a comisión encargada de dotar dun escudo e dunha bandeira a este Concello. Con carácter oficial, reuniuse neste Concello esta comisión, onde se estudou durante todo este tempo, onde se analizou conxuntamente co Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, co cronista oficial de Ribadeo, coa Dirección Xeral de Administración Local e tamén co Consello da Cultura Galega”.
O rexedor explicou: “chegouse a un acordo unánime despois deste tempo de estudo, tempo de análise, onde se aprobou unha bandeira e onde se aprobou por unanimidade un escudo. Varían pouco certas cousas. O color azul predomina, así como o branco das olas e da estrela. A estrela vaise modificar, pasa de cinco a oito puntas, como son a plena totalidade de escudos de España ou de Europa. É verdade que os de cinco puntas son máis de escudos de Inglaterra e de Estados Unidos. E a Comisión de Heráldica entendía que Ribadeo tiña que ter esa estrela de oito puntas”.
Vega relatou que “a chave deste Concello, desta porta de entrada de ouro, queda aprobado por unanimidade. Tamén todos os grupos políticos estiveron de acordo e a partires de agora empeza a tramitación administrativa. Aprobarase en comisión tamén na Xunta de Galicia, irá a pleno municipal, irá tamén ao Consello da Xunta e remataremos todos estes traballos cun acto oficial en Ribadeo, de aprobación e de colocación do escudo e tamén do izado da bandeira de Ribadeo”.
O alcalde ribadense tivo palabras de agradecemento para os integrantes da comisión estudosa: “felicitar a todos os grupos políticos que estiveron de acordo, estivemos de acordo, felicitar tamén aos técnicos do Concello e ao Instituto Padre Sarmiento, ao cronista oficial, que nos foi de moitísima axuda e quérollo agradecer de corazón porque todo o traballo que fixo foi moi importante e a súa opinión foi moi escoitada e destacada e a partir de aí actuamos todos. Tamén agradecer á Dirección Xeral da Administración Local e, en definitiva, un traballo que foi ben empezado tiña que rematar tamén ben. Polo tanto, grazas a todos. Convocaremos o próximo acto para o izado e a aprobación e a colocación do novo escudo”.