O portavoz provincial do PP e os deputados Clemente Iglesias (alcalde de Riotorto) e José María Fernández comparten as queixas dos veciños ante o deterioro do firme e a presenza de baches nas LU-P-4404 e LU-P-5504
Os deputados comparten as queixas dos veciños ante o mal estado de estradas coma a LU-P-4404 (Riocabo-As Rodrigas) ou a LU-P-5504 (Muíñonovo-Santalla) ante o importante deterioro do firme con zonas nas que se suceden os baches e buratos. No primeiro caso, o seu mal estado ten provocado o cambio de trazado na baixada de carrilanas que se celebraba por Espasande de Arriba.
Ameijide subliña que “esta situación de abandono” por parte do goberno de PSOE e BNG” contrasta co bo estado das carreteras municipais. “Os propios veciños aprecian no seu día a día a diferencia entre a xestión do goberno de PSOE e BNG na Deputación e a do Partido Popular no Concello en materia de mellora e conservación das estradas que constitúen as principais vías de comunicación diaria en Riotorto”.
“Mentres que o goberno local que preside o seu alcalde, Clemente Iglesias, ten moi en conta a necesidade de conservar en bo estado as estradas; o goberno provincial non contribúe para favorecer as comunicacións dos veciños de Riotorto, gandeiros, autónomos ou transportistas en condicións de seguridade”.
O desgaste do asfalto e a aparición de baches e buratos é froito dun uso intensivo por tratarse de vías que conectan distintos núcleos do municipio e constitúen as principais comunicacións para o desprazamento diario dos veciños tanto con vehículos como con maquinaria agrícola e forestal “sen que o goberno de PSOE e BNG non se preocupara durante anos por desenvolver traballos de mantemento nin outras melloras necesarias para estas e outras vías de titularidade provincial tanto no termo municipal de Riotorto como noutros municipios da provincia”.