Na viaxe, participaron en diferentes actividades, melloraron notablemente a competencia lingüística en inglés e asistiron a unha ampla variedade de clases, podendo así comparar e ver en primeira persoa as diferenzas entre o noso sistema educativo e o seu. Incluso impartiron charlas en inglés e español sobre a zona de Foz, as festividades, a gastronomía, o clima e sobre o funcionamento do centro escolar.
O estudantado tamén desfrutou de catro días en Nova York, onde visitaron os lugares máis destacados da cidade.
A experiencia resultou moi positiva para o alumnado e continuará o próximo mes de xuño, cando os estudantes de Shakopee veñan a Foz comprobar de primeira man o noso estilo de vida, coñecer o noso centro, aproximarse á nosa cultura e mellorar a súa competencia lingüística nas clases do centro e coas experiencias que teñan pola zona.