Este proxecto contempla varias actuacións clave, entre as que se inclúen a colocación dunha nova cuberta dos vestiarios, a mellora do sistema de recollida de augas pluviais, a instalación dun novo falso teito, a substitución das luminarias actuais por modernas luminarias LED e a colocación de termos acumuladores novos.
Estas intervencións chegan nun momento clave, despois de que a piscina municipal sufrira danos considerables durante os temporais de febreiro. As obras permitirán restaurar e mellorar a infraestrutura do edificio e a súa eficiencia enerxética.
“A solicitude e concesión desta subvención representa un importante apoio para a conservación das infraestruturas municipais, reflectindo o compromiso do Concello coas instalacións deportivas” apuntan dende o Concello.